domingo, 27 de mayo de 2007

MOONDOGS BLUES PARTY GANADORES

De nuevo volvemos a salir en portada de ELPAIS, pero en esta ocasión se debe al concurso que el periódico organizaba a nivel nacional en su suplemento digital cultural, EP3.
O cadelo lunático
ha sido seleccionado entre casi dos mil maquetas participantes. El premio, 10000 euros. Desde aquí queremos dedicar este premio a todos los que habéis confiado en este proyecto desde el principio, muchas gracias.

De novo volvemos sair na portada do ELPAIS, pero nesta ocasión debese ó concurso que o xornal organizaba a nivel nacional no seu suplemento dixital cultural, EP3.
O cadelo lunático
foi seleccionado entre case dous mil maquetas participantes. O premio, 10000 euros. Dende eiquí queremos adicar este premio a tódolos que confiáchedes neste proxecto dende o principio, moitas gracias.


PRÓXIMOS CONCIERTOS

Se podrá ver y escuchar a Moondogs Blues Party en directo proximamente:

- El viernes 1 de Junio en Carballo, concierto al aire libre a la salida de la Cervecería Beos (por la calle de Correos). A partir de las 22:30.
- El miércoles 18 de Julio en Mugardos, concierto organizado por la Diputación de A Coruña.


Poderase ver e escoitar a Moondogs Blues Party en directo proximamente:

- O venres 1 de Xuño en Carballo, concerto ó aire libre á saída da Cervexería Beos (pola rúa de Correos). A partires das 22:30.
- O mércores 18 de Xullo en Mugardos, concerto organizado pola Deputación de A Coruña.

martes, 22 de mayo de 2007

Concierto en Cecebre



Este viernes 25 de mayo Moondogs Blues Party actuará en El Valle de Cecebre (carretera Cambre-Guísamo), la hora de comienzo del concierto: las 00:00 y la entrada será gratuita.



Este venres 25 de maio
Moondogs Blues Party actuará no El Valle de Cecebre (estrada Cambre-Guísamo), a hora de comezo do concerto: as 00:00 e a entrada será de balde.

lunes, 7 de mayo de 2007

Campus Rock 2007

Este es el cartel definitivo del Campus Rock 2007


The Nu Niles ( Rockabilly / Punk / Garaxe) - Barcelona

Formados en Barcelona en 1996, The Nu Niles é sen dúbida, a día de hoxe, a banda de Rockabilly máis popular a nivel nacional e unha das de maior aceptación a nivel internacional. Abarcan toda unha serie de estilos como Rockabilly, R&B, Swing, Western Swing, R’n’R, Hillbilly, entre outros. Tras varias xiras por Europa e a costa oeste dos Estados Unidos, e tendo actuado nos festivais máis importantes do xénero -Hemsby R’N’R Weekender (UK); Rockin’ Rollin’ Walldorf (Alemania); Viva Las Vegas (USA); Green Bay (USA)- e por casi toda la península, teñen gañado unha sólida reputación como banda de directo.

Los Chicos( R&B / Punk / Soul) - Madrid

Mete nunha cocteleira a mellor música negra (Blues, Rhythm&Blues e Soul), un pouco de country, outro pouco de garaxe e un bocado de punk, sen esquecer un chisco de cervexa fría, e terás a Los Chicos. Esto supón unha mestura explosiva, que ao vivo convértese nunha festa de potente e divertido Rockn’Roll. Los Chicos están formados por unha potente base rítmica, que fai bailar a un morto, dous guitarristas tolos por Wilko Johnson e Steve Cropper, un saxofonista tolo e como cantante, sen dúbida algunha, un dos mellores frontmans deste país. Despois de tocar por garitos de toda España durante catro anos, e de realizar tres xiras por Inglaterra, de compartir escenarios e facer desfrutar a xente de talla internacional como Southern Culture on the Skids, A-Bones, Mike Mariconda, King Khan, Coyote Men, The Egos (sen esquecer que, recentemente, un artista da importancia de Beck, ao preguntarlle se lle gustaba algún grupo español, dixo ser fan de Los Chicos), veñen de publicar con H-Records "FAT SPARK”, o seu segundo LP, co que volverán a percorrer todo o país, facendo bailar a todo o que teña ganas de festa e de mover o cu a ritmo de Rock&Roll. SE CHE GUSTA A FESTA E O ROCK AND ROLL NON DEBES PERDERTE UN CONCERTO DE LOS CHICOS.

Mr Dixie Jazz Band + HOTsssTRIO (Jazz) - A Coruña

A día de hoxe, ter unha banda deste estilo na Coruña é TODO UN LUXO. Mr Dixie é unha banda de Jazz Tradicional (non soamente na cidade, senón en Galicia) ÚNICA NESTE XÉNERO. Mr Dixie practica o estilo Chicago anos 30-40, unha música que ten as súas raíces na ribeira do río Mississippi. Os grandes do Jazz chegaron dende estas inmensas e apaixonantes correntes e das rúas de New Orleans, como King Oliver, Louis Armstrong, Jelly Rollo Morton, Sidney Bechet, Kid Ory, Johnny y Baby Dods, Jabbo Smith, The Dujes of Dixieland, Pete Fountain, Al Hirt e, chegando aos nosos días, a familia Marsalis, Nicholas Payton e tantos outros. Mr Dixie foi fundada no ano 1999 na Coruña polo músico Guillermo Lancelotti (trompetista, responsable dos arranxos e líder da formación), se ben tivo a orixe nun trío formado por el mesmo máis un guitarra e un baixo, nun estilo máis swing e be-bop. Dende o ano 99 ata os nosos días, a banda segue en actividade constante, malia os trocos na formación, feito que lles dificulta estar sempre ao mesmo nivel musical.


Moondogs Blues Party ( Blues / Música tradicional / Acústica) - A Coruña

Black Bum ( Hip Hop / Funk / Experimental / Reggae / Acid Jazz) - A Coruña

Black Bum é unha banda de hip hop do samba, composta por 3 brasileiros, 5 galegos e un senegalés que se foron coñecendo nas primeiras reunións e jams de música brasileira do Bamba café da Coruña. Coa progresiva incorporación de novos membros provenientes doutros estilos musicais, foise formando este grupo que reúne influencias do funk, reggae, acid jazz, rock e hip hop, dando así un toque especial a esta fusión de samba e electrónica, un son salpicado de rimas, melodías e scratch. O son de Black Bum sorprende, convida a bailar e deixa bo sabor de boca alá onde se presenta, facendo que todo o mundo desfrute do seu carácter e alegría ao vivo.



Jamendo : Free music