Este es el cartel definitivo del Campus Rock 2007
The Nu Niles ( Rockabilly / Punk / Garaxe) - Barcelona
Formados en Barcelona en 1996, The Nu Niles é sen dúbida, a día de hoxe, a banda de Rockabilly máis popular a nivel nacional e unha das de maior aceptación a nivel internacional. Abarcan toda unha serie de estilos como Rockabilly, R&B, Swing, Western Swing, R’n’R, Hillbilly, entre outros. Tras varias xiras por Europa e a costa oeste dos Estados Unidos, e tendo actuado nos festivais máis importantes do xénero -Hemsby R’N’R Weekender (UK); Rockin’ Rollin’ Walldorf (Alemania); Viva Las Vegas (USA); Green Bay (USA)- e por casi toda la península, teñen gañado unha sólida reputación como banda de directo.
Los Chicos( R&B / Punk / Soul) - Madrid
Mete nunha cocteleira a mellor música negra (Blues, Rhythm&Blues e Soul), un pouco de country, outro pouco de garaxe e un bocado de punk, sen esquecer un chisco de cervexa fría, e terás a Los Chicos. Esto supón unha mestura explosiva, que ao vivo convértese nunha festa de potente e divertido Rockn’Roll. Los Chicos están formados por unha potente base rítmica, que fai bailar a un morto, dous guitarristas tolos por Wilko Johnson e Steve Cropper, un saxofonista tolo e como cantante, sen dúbida algunha, un dos mellores frontmans deste país. Despois de tocar por garitos de toda España durante catro anos, e de realizar tres xiras por Inglaterra, de compartir escenarios e facer desfrutar a xente de talla internacional como Southern Culture on the Skids, A-Bones, Mike Mariconda, King Khan, Coyote Men, The Egos (sen esquecer que, recentemente, un artista da importancia de Beck, ao preguntarlle se lle gustaba algún grupo español, dixo ser fan de Los Chicos), veñen de publicar con H-Records "FAT SPARK”, o seu segundo LP, co que volverán a percorrer todo o país, facendo bailar a todo o que teña ganas de festa e de mover o cu a ritmo de Rock&Roll. SE CHE GUSTA A FESTA E O ROCK AND ROLL NON DEBES PERDERTE UN CONCERTO DE LOS CHICOS.
Mr Dixie Jazz Band + HOTsssTRIO (Jazz) - A Coruña
A día de hoxe, ter unha banda deste estilo na Coruña é TODO UN LUXO. Mr Dixie é unha banda de Jazz Tradicional (non soamente na cidade, senón en Galicia) ÚNICA NESTE XÉNERO. Mr Dixie practica o estilo Chicago anos 30-40, unha música que ten as súas raíces na ribeira do río Mississippi. Os grandes do Jazz chegaron dende estas inmensas e apaixonantes correntes e das rúas de New Orleans, como King Oliver, Louis Armstrong, Jelly Rollo Morton, Sidney Bechet, Kid Ory, Johnny y Baby Dods, Jabbo Smith, The Dujes of Dixieland, Pete Fountain, Al Hirt e, chegando aos nosos días, a familia Marsalis, Nicholas Payton e tantos outros. Mr Dixie foi fundada no ano 1999 na Coruña polo músico Guillermo Lancelotti (trompetista, responsable dos arranxos e líder da formación), se ben tivo a orixe nun trío formado por el mesmo máis un guitarra e un baixo, nun estilo máis swing e be-bop. Dende o ano 99 ata os nosos días, a banda segue en actividade constante, malia os trocos na formación, feito que lles dificulta estar sempre ao mesmo nivel musical.
Moondogs Blues Party ( Blues / Música tradicional / Acústica) - A Coruña
Black Bum ( Hip Hop / Funk / Experimental / Reggae / Acid Jazz) - A Coruña
Black Bum é unha banda de hip hop do samba, composta por 3 brasileiros, 5 galegos e un senegalés que se foron coñecendo nas primeiras reunións e jams de música brasileira do Bamba café da Coruña. Coa progresiva incorporación de novos membros provenientes doutros estilos musicais, foise formando este grupo que reúne influencias do funk, reggae, acid jazz, rock e hip hop, dando así un toque especial a esta fusión de samba e electrónica, un son salpicado de rimas, melodías e scratch. O son de Black Bum sorprende, convida a bailar e deixa bo sabor de boca alá onde se presenta, facendo que todo o mundo desfrute do seu carácter e alegría ao vivo.
lunes, 7 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
me ha gustado mucho vuestro concierto en el campus,aun que sonasteis mejor en Mardigrass!mucha suerte y seguir asi!!
Publicar un comentario